Translate

jeudi 17 mars 2016

Un manifesto dos intelectuais españois sobre a Gran Guerra.

5 de xullo de 1916

Le Figaro

Un manifesto dos intelectuais españois

España é o país onde a propaganda alemá tivo un impacto máis violento dende o comezo da guerra. Porén, neste lugar, as simpatías cara a Francia aínda mantéñense vivas e son numerosas. Aquí teñen unha clara proba. Isto é un manifesto dos intelectuais españois pertencentes aos partidos máis opostos na base dos que figuran os nomes máis recoñecidos. Terá entre os Aliados, e tamén noutros países, unha gran repercusión.
Elevamos a voz para transmitir a nosa mensaxe con modestia e sinxeleza como españois e como homes. Non sería correcto neste gran momento da historia universal que España se afastase do curso do tempo, ficando aparte coma unha rocha estéril incapaz de sentir as inquedanzas do porvir e do que ditan a razón e a ética. Isto sería unha humillación que nestes momentos de profunda gravidade, de intenso sentimento relixioso, cando a especia humana sofre sen límite xerando unha solidariedade máis reforzada e máis fraternal, España, pola pusilanimidade dos responsábeis políticos, aparece coma un pobo sen eco nas entrañas do mundo. E sería peor aínda que estes ecos propagasen a acritude de voces inflamadas por cegas paixóns e as ultraxes de plumas e gacetas mercenarias!
Nós, sen outro título que as nosas vidas silenciosas, consagradas ás puras actividades do espírito, sentimos que, para servir á patria e ser un cidadán honesto e útil, fai falla ser un home honesto e útil para todos os pobos. E así estamos seguros de cumplir un deber de españois e de homes, declarando que participamos coa plenitude do noso corazón e do noso xuízo no conflicto que atiza o mundo.
Solidarizámonos coa causa dos Aliados dado que representa os ideais de xustiza, os únicos que poden coincidir cos intereses políticos máis profundos e dominantes da nación. A nosa conciencia rexeita, alí onde se manifesten, eses feitos que degradan a dignidade humana e o respeto que os homes deben gardarse na loita máis encarnizada.
[...]
Destruirá os fermentos de egoísmo, de dominación e de atrevida violencia, responsábeis do desastre e afirmará a base dunha nova fraternidade internacional, onde a forza cumplirá a súa función de garantizar razón e xustiza.


Sergio Martínez Martínez / Marcos Peso Tilve

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire